Archivo del sitio

GCiencia, a web da ciencia galega

CCI’s a ciencia galega está de noraboa!

Dende o luns 25 de novembro xa está en activo o portal GCiencia, que nace coa vontade de informar e divulgar a investigación que se fai en Galicia. Tal e como detallan no seu propio editorial Contar a ciencia tamén se trata de

“achegar á sociedade a I+D+i e concienciar sobre a súa importancia para o desenvolvemento do país. E, por suposto, reivindicar a calidade dos profesionais, das universidades e dos centros de investigación, porque este novo medio surxe dende a certeza de que en Galicia non só se fai moita ciencia, senón dunha enorme calidade”.

Á fronte do proxecto están Eduardo Rolland e Pablo López, dous xornalistas vigueses que contan ademais con Alberto Quian para a coordinación dixital.

O gran impulso para arrancar GCiencia foi gañar o Premio iProx (Iniciativas de Proxectos Xornalísticos), do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e Novagalicia Banco.

Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña queremos destacar unha tan boa iniciativa e desexar a GCiencia moita sorte na súa andaina.

Abofé han deixar una boa pegada, non credes CCI’s?