Archivo del sitio

No rumor da fraga.

Abre os ollos como o moucho e deixa de pensar nas musarañas, pecha o teu PC xa e marcha á montaña, a unha fraga, ao rincón máis escondido da costa onde parece que ninguén te ve. Xa que pronto voltaremos aos ritmos do curso escolar, nada mellor que aproveitar estes días para estar na compañía de todxs xs compañeirxs que ninguén ve, da morea de especies que nos nosos montes hai a pesar do pesadelo dos incendios, da mirada curiosa do cárabo mentras paseamos por unha fraga…

CÁRABO
Se queredes que vos sexa sincero, botade un ollo a este catálogo de especies que podedes atopar sin salir de Galicia e deixade de mirar para o blog do CCI, un/ha naturalista non se fai só mirando para a pantalla dun ordenador!

Festa da Auga de Vilagarcía

Desde mediados dos anos 80, o 16 de Agosto “deixou de ser” o día do patrón de Vilagarcía de Arousa, San Roque, para convertese na ultracoñecida Festa da Auga. Isto ocorreu por casualidade cando, un San Roque de moita calor, os fieis acompañaron ao Santo a gritos de “agua!!, agua!!”. Sen dubidalo un instante, a xente que estaba a ver a procesión mitigou o calor dos devotos con litros e litros de auga lanzados desde os balcóns e ventás das súas casas. Durante os anos seguintes seguiuse “augando” a festa, ata que a principios dos 90 o Concello de Vilagarcía dotou de carácter oficial este “baño de masas” ante a numerosa participación cidadá. Así, a festa patronal converterse no evento máis multitudinario de Vilagarcía. Un evento no que participan anualmente preto de 40000 persoas.

Enchárcate tendo en conta que: A festa non comeza o día 16, senón que é case obligatorio asistir a ela despois de estar de troula a noite anterior. Non vaias demasiado mono/a porque acabarás coa roupa feita un desastre. Ás 12 do mediodía comeza a procesión, nin se che ocurra pedir que te boten auga nese proceso; o santo debe ser gardado para que comece a fluir a auga (podente multar se mollas a alguén nese proceso). A zona húmida é donde tes que estar se te queres empapar, fora desa zona tamén está prohibido mollar(se). Se chegas ata aquí, grita “Agua” a todo o que se che poña por diante; bombeiros, charangas, xente da rúa, veciños… darán boa conta da túa sede.

Mollaste ou non?!!!!