Archivo del sitio

Á LUZ do faro: 7ª sesión do CCI 2015

Antes de coller as vacacións de Semana Santa os rapaces e rapazas do CCI  tiveron unha semana chea de sorpresas e contidos no Club de Ciencia e Investigación das Bibliotecas Municipais, e marcharon cos deberes ben feitiños. O  martes e o xoves tivemos as sesións preparatorias nas respectivas bibliotecas Infantil e Forum para poñer todo en marcha para a nosa segunda saída, a visita guiada polo interior da Torre de Hércules.

Para a sesión preparatoraia da saída “Á LUZ do faro”, contamos coa colaboración da nosa compañeira e experta en Faros Marta Rivadulla da Biblioteca de Monte Alto. Con ela fixemos un repaso ben interesante polo mundo dos faros e aprendemos unha chea de curiosidades. Sabiades que ao comezo da navegación o home guiábase polo perfil da costa? Non foi ata que empezou a navegación nocturna cando se fixo necesaria a presencia de referencias lumínicas.

A vida dos fareiros chea de peculiaridades chamou moito á atención dos CCIS, e a algún que outro mesmo lle entraron ganas de convertirse en fareiro. Desfrutar dunha vida tranquila en plena natureza é un plan de por sí máis que apetecible, o que non é tanto é o traballo de noite e que mesmo ás veces  quedaban sen provisións.

De especial interese é o Reglamento do Fareiro:

  • ter entre 21 e 40 anos
  • saber ler e escribir e as 4 regras aritméticas
  • ter boa conduta moral (certificada polo cura)
  • carecer de defectos físicos
  • amosar ante o director e mestres de escola o debido respecto, sumisión e obediencia

 Curiosidades sen dúbida ben interesantes ás que hai que sumar a aparición de grandes inventos que axudaron moito a mellorar a eficacia dos faros como a vávula solar ou a lente de Fresnel (chamada así polo seu inventor)

 E especial referencia fixo a nosa compañeira Marta aos faros en funcionamento na costa galega, dende o Plan Xeral de Alumeado Marítimo no 1847 ata a actualidade.

Tampouco faltaron as referencias a faros míticos coma o de Alexandría (en Exipto), Faro de Cabo de Fornos (en Arxentina), ou o Faro da illa de Skye (en Escocia).

E para rematar fixemos un xogo de pistas no que os CCIS tiveron que adiviñar de que faro se trataba, algo que por suposto, despois de escoitar moi atentos a teoría, superaron con creces.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Poderiamos seguir contando máis cousas interesantes sobre o mundo dos faros posto que a sesión deu moito de sí, pero non queremos extendernos máis. Só nos queda agradecer unha vez máis a colaboración da nosa compañeira Marta, e se vos apaixona o mundo dos faros e queredes saber máis, recomendámosvos que non deixedes de visitar o seu blog!!

O camiño dos Faros

Os faros son torres cun foco luminoso na parte superior. Axudan aos barcos a seguir o seu rumbo durante a noite cando navegan preto da costa. Un faro emite fulgores de luz segundo unha secuencia regular fixa. Cada faro ten a súa propia secuencia.

faro

No maravilloso mundo dos faros, e na Torre de Hércules concretamente, adentraremonos en próximas sesións. Sen embargo, hoxe queremos falar deles porque se presenta o Camiño dos Faros da Costa da Morte, dous anos despois do seu nacemento. A presentación será o próximo 6 de marzo ás 21 h. no Centro Ágora.

O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo de 200 quilómetros que une Malpica con Fisterra pola beira do mar. Un camiño que ten o mar como maior protagonista e que pasa por todos os faros e principais puntos de interese desta Costa da Morte.

 camiño farosO Camiño dos Faros percorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando cara ao mar e cara ao oeste. Faros, praias, dunas, ríos, cantís, bosques, estuarios cunha gran cantidade de aves, mares de granito, castros, dolmens, vilas mariñeiras, miradoiros ao mar que rompe de todas as formas posibles, postas de sol… unha ruta de sendeirismo coma poucas e que levará o camiñante a un mundo de sensacións únicas que só se poden gozar nesta Costa da Morte.

 Paralelamente realizarase tamén en Ágora (do 2 ao 14 de marzo) a EXPOSICIÓN “O CAMIÑO DOS FAROS, UNHA PAISAXE EN CADA PASO”, unha mostra de fotografías e acuarelas que realizaron “20 trasnos” para reflectiren as sensacións que experimentaron ao longo do camiño.

 Os Trasnos son un grupo de amigos que un día pensaron que era posible unir Malpica con Fisterra por un camiño á beira do mar.