Archivo del sitio

“Nikola Tesla: suyo es el futuro”

Exposicion-Nikola-Tesla-suyo-es-el-futuro_image365_Ese é o nome da exposición sobre o inventor americano de orixe serbio Nikola Tesla que está a punto de clausurarse en Madrid. Trátase da exposición máis grande celebrada nunca sobre a figura do inventor, e ofrece ao público, por primeira vez, obxectos persoais do científico que non saíran nunca da súa terra natal.

 Posto que o noso tema a tratar este ano é a Luz e as enerxías derivadas da Luz non podia faltar a presentación e coñecemento deste xenial e cando menos curioso personaxe. Nado o 10 de xullo de 1856 – Nova York, 7 de xaneiro de 1943, Tesla  foi un inventor, enxeñeiro mecánico, enxeñeiro electricista e físico de orixe serbia e o promotor máis importante do nacemento da electricidade comercial.

Coñéceselle, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo, desenvolvidas a finais do século XIX e principios do século XX. As patentes de Tesla e o seu traballo teórico formaron as bases dos sistemas modernos de potencia eléctrica por corrente alterna (CA) que tanto contribuíron ao nacemento da Segunda Revolución Industrial. Ademais do seu traballo en electromagnetismo e enxeñaría electromecánica, Tesla contribuíu en diferente medida ao desenvolvemento da robótica, o control remoto, o radar, as ciencias da computación.

 tesla40_17

Tesla consitúe sin dúbida unha figura fundamental da historia do progreso. Podemos afirmar que os seus descubrimentos, inventos, achegas e vaticinios permitiron o desenvolvemento da civilización eléctrica na que aínda vivimos. Non obstante, tras caer en desgraza nos albores do século XX, morreu e residiu no esquecemento ata os albores do noso século XXI. Resulta incomprensible, dada a enorme transcendencia do seu traballo, comparable á dos seus rivais Thomas A. Edison e Guglielmo Marconi, ambos os dous por certo afeccionados a osmar nas súas patentes.

Dende logo unha auténtica mágoa que a exposición sexa en Madrid, pero dende aquí si que vos recomendamos que botedes un ollo á páxina e descubrades máis curiosidades sobre Nikola Tesla.

O MUNCYT xa está aquí

O día 4, un día antes de que toda Coruña vaia visitar o noso stand no XVII Día da Ciencia na rúa, inaugurarase oficialmente o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Muncyt); pero non será ata o día seguinte cando se ofreza unha xornada de portas abertas. Durante o mes de Maio o museo realizará varias visitas concertadas para grupos ata abrir definitivamente o 1 de Xuño para o público en xeral.

Entre as cousas que poderemos visitar neste enorme edificio adicado a nosa grande paixón están estas 7 salas de exposición: Sala Miscelánea, adicada á teconoloxía; Sala Maiúsculas, con pezas grandes e emblemáticas; Sala Patrimonio, con “alfaias tecnolóxicas”; Sala Innovación Española, que analizará a investigación de onte e de hoxe; a Sala Iberia, co Jumbo Lope de Vega como estrela; a Sala século XX e a Sala Expos Interinas, cunha exposición temporal sobre o teclado QWERTY.

Vehículos de grande tamaño que son unha mestura de tractor, camión e tren; a cabina do avión Boeing 747 Lope de Vega; os robots faladores Pepexan e Marilu; o primeiro acelerador de partículas deseñado e construido en 1957 pola Xunta de Enerxía Nuclear… Vaste perder todas estas maravillas??.

De seguro que non, porque os nosos axentes especiais están traballando duro para que os CCI´s sexamos uns dos primeiros grupos en enterarnos de que é o que se está cocendo no museo. Vos tamén estades impacientes por asistir??, non vos preocupedes que o veremos moi pronto.