Archivo del sitio

Arranca o CCI na Biblioteca Ágora!

Este mércores, ás 18:30 horas, terá lugar a primeira sesión do CCI da Biblioteca Ágora, denominada Expedición De Profundis.

Nesta misión, que nos leva ata o ano 1777, teremos que descifrar unha carta que James Cook enviou á Coroa Británica cun código encriptado temendo que os espías españois se apoderasen dela. Resolvede o seu significado e investigade para concluír se a información que contén é verdadeira ou non.

Ánimo CCI´s!!

Expedición “De Profundis” na Biblioteca do Forum Metropolitano

E os Investigadores oficiais do CCI na Biblioteca Forum son…:

Estes rapaces

Lembrade que en dous días a expedición Intruder espera ser resolta na vosa Biblioteca.

Alí vos agardamos.