Archivo del sitio

Imos de excursión… coa mochila e o bocata de xamón!!!

Hoxe os CCI`s  do Forum Metropolitano e da Infantil e Xuvenil imos sair das bibliotecas para asumir unha vez máis outra misión de investigación.

Esta misión terá lugar no escuro e lóbrego sótano do Instituto Salvador de Madariaga; alí poderemos atopar restos de animais, ósos, fósiles, aparellos antigos… se queres pasar unha noite do máis xurásica esperámosvos alí ás 20:00h.

Sincronizade os vosos reloxos por que esta será unha cita moi importante e a puntualidade é un requisito imprescindible para ser un bo investigador.