Archivo del sitio

Saída a Cecebre

Moi boas CCI´s

Como xa saberedes hoxe é o día no que faremos a nosa primeira saída do ano. E que mellor saída, para conmemorar o ano mundial da cooperación da esfera da auga, que visitar o encoro de cecebre. O sitio de onde sae toda a auga que se suministra na nosa cidade; un auga que procede dos ríos Mero e Barcés e que é tratada na planta de tratamento de auga potable de A Telva (E.T.A.P.).

Esperámosvos as 16:45 na porta principal do Forum Metropolitano. Lembrádevos de traer roupa cómoda e calzado apropiado para a caminata de casi tres horas que nos espera. Unha caminata na que poderemos observar, ademáis da presa e a potabilizadora, toda a fauna e a flora autóctona deste paraxe ecolóxico protexido pola súa importancia comunitaria.