Archivo del sitio

XXV Premios Prismas

Rematada xa a Semana da Ciencia (12 ao 18 de novembro), o próximo fin de semana os Museos Científicos volven celebrar dúas xornadas de portas abertas con motivo dunha ocasión moi especial: a entrega dos premios Prismas á Divulgación Científica, na súa XXV edición.

Para celebrar as vodas de prata do certame de divulgación científica máis prestixioso de España, os días 24 e 25 de novembro a entrada será gratuíta á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. As proxeccións de Planetario (Casa das Ciencias) e Cinema 3D (Domus) tamén serán gratis, previa retirada de invitación na recepción de cada museo.

O sábado 24 de novembro o salón de plenos do Concello da Coruña acollerá a cerimonia de entrega dos Prismas nesta XXV edición. Recibirán os seus Prismas de Bronce os galardoados nas seguintes categorías:
Audiovisual: “Escépticos ¿Fuimos a la Luna?”, presentado por José Antonio Pérez González.
Sitio web: “Naukas”, presentada por Javier Peláez, Antonio Martínez e Miguel Artime.
Artigo xornalístico: “Viaje al manto de la Tierra”, de Manuel Ansede e publicado no diario Público.
Texto orixinal e inédito: “Dispara tu primero y otras historias de la neurociencia”, de José Ramón Alonso Pena.
Libro editado: “La nariz de Charles Darwin y otras historias de la neurociencia”, de José Ramón Alonso e publicado pola editorial Almuzara.

Ademais, Ramón Núñez Centella recibirá o Prisma Especial do Xurado, pola súa vocación e compromiso coa cultura e a educación científicas.