Archivo del sitio

Actividades no Día Mundial das Aves

Con motivo do Día Mundial das Aves, os nosos amigos do Grupo Naturalista Hábitat organizan unha serie de actividades moi interesantes nas que VOS ANIMAMOS A PARTICIPAR:

O xoves 3 de outubro ás 20.30 no local do Grupo Naturalista Hábitat, levarase a cabo un ENCONTRO NATURALISTA, da man do coñecido ortinólogo Antonio Sandoval Rey que nos falará de “As palleiras, piratas do mar”. A actividade é gratuita, pero o aforo é limitado, co cal cómpre confirmar a asistencia á charla vía correo electrónico: gnhabitat@yahoo.es.

Encontros naturalistas

O domingo 6 de outubro, entre as 10.00 da mañá e as 14.00 do mediodía, celebrarase unha xornada práctica de anelamento científico. A xornada de observación e anelamento terá lugar nos arredores do Observatorio Oritnolóxico de Crendes (Abegondo), no encoro de Cecebre, e correrá a cargo do Grupo de Anelamento Píllara. Poderedes observar paxaros na man e descubrir datos moi curiosos sobre as aves, ademais de ver como se anelan as aves.

Anelamento de aves

Como podedes observar hai variedade de actividades e todas ben interesantes, ¿volas ides perder?