Archivo del sitio

Cada día máis preto

Cada segundo que pasa está máis preto a nosa participación no Día da Ciencia na Rúa. Se en anos anteriores a paixón e o compromiso levou ao stand do “Club de Ciencia e Investigación” a ser un dos máis solicitados e visitados tanto polos medios como polos asistentes ao DCR; este ano serán os nosos cerebros os que han xogar o papel primordial para que asistades as mellores actividades do Parque de Santa Margarita.

Tedes que saber, que este ano os membros do noso club serán os auténticos paladíns da actividade; sendo eles os que amosen o stand, os recursos web que levan utilizando en toda esta campaña, os que saian nos videos promocionais da actividade, os que elixan os libros científicos que van estar no stand… e o máis importante: os que elaboren as preguntas da grande actividade que vos presentaremos, o Trivial.

O noso cometido para coa sesión que comeza hoxe e da que haberá unha segunda parte, será o de ensaiar e levar a cabo todo o que puidestes ler nas liñas de arriba. O voso cometido como futuros participantes no noso stand é que veñades preparados para pasar un rato divertido e para que vos saquemos as cores con algunha das preguntas que formularon e/ou formularán os nosos CCI´s. Podedes ir prácticando visitando os blogs de traballo das bibliotecas adscritas ao programa: Ágora, Infantil e Xuvenil e Forum; así sufriredes menos. Ou non!!

Vémonos

XVII Día da Ciencia na Rúa

Esta semana, na vosa biblioteca preferida, poderedes vislumbrar, palpar, divertirvos e xogar cos experimentos que imos levar ao evento científico máis importante de nosa cidade, o Día da Ciencia na Rúa. Estes experimentos porán en xaque o mundo científico en xeral e aos Museos Científicos Coruñeses en particular, xa que poremos de manifesto o por que da orixe e a morte dos dinosaurios; así como o descubrimento dunha infinidade de novos críptidos por parte do noso axente epecial o Profesor Revillord.

CCI´s vémonos o día 18 no ágora, o 19 no Forum e o 21 na Infantil; cidadáns de A Coruña vémonos o día 5 de Maio no parque de Santa Margarita. Mundo enteiro, vémonos.