Archivo del sitio

XXV Premios Prismas

Rematada xa a Semana da Ciencia (12 ao 18 de novembro), o próximo fin de semana os Museos Científicos volven celebrar dúas xornadas de portas abertas con motivo dunha ocasión moi especial: a entrega dos premios Prismas á Divulgación Científica, na súa XXV edición.

Para celebrar as vodas de prata do certame de divulgación científica máis prestixioso de España, os días 24 e 25 de novembro a entrada será gratuíta á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. As proxeccións de Planetario (Casa das Ciencias) e Cinema 3D (Domus) tamén serán gratis, previa retirada de invitación na recepción de cada museo.

O sábado 24 de novembro o salón de plenos do Concello da Coruña acollerá a cerimonia de entrega dos Prismas nesta XXV edición. Recibirán os seus Prismas de Bronce os galardoados nas seguintes categorías:
Audiovisual: “Escépticos ¿Fuimos a la Luna?”, presentado por José Antonio Pérez González.
Sitio web: “Naukas”, presentada por Javier Peláez, Antonio Martínez e Miguel Artime.
Artigo xornalístico: “Viaje al manto de la Tierra”, de Manuel Ansede e publicado no diario Público.
Texto orixinal e inédito: “Dispara tu primero y otras historias de la neurociencia”, de José Ramón Alonso Pena.
Libro editado: “La nariz de Charles Darwin y otras historias de la neurociencia”, de José Ramón Alonso e publicado pola editorial Almuzara.

Ademais, Ramón Núñez Centella recibirá o Prisma Especial do Xurado, pola súa vocación e compromiso coa cultura e a educación científicas.

Pensamento, creatividade, ciencia e innovación!

A estas alturas xa todos sabemos o afán científico dos CCIs, as ganas de coñecemento, de aprendizaxe que teñen, pero… ata onde chegan esa ganas?

Se queredes ir máis aló, poñer a proba o voso cerebro e saber se pensades de forma creativa, esto é o voso! ¡Eureka! Ciencia y Creatividad é unha exposición da Domus, en busca do espírito creativo que levamos dentro.

Exposición Eureka! Ciencia y Creatividad

Na Ciencia (non só nas Artes) podemos atopar unha morea de inventos e descubrimentos gracias ás ideas creativas e diferentes dos científicos. Esa creatividade, xunto co traballo (ás veces duro e longo) fai posible que xurdan xenios! Atoparemos algún dentro dos nosos CCIs???

Nesta época de descanso non podemos deixar que as nosas mentes se enferruxen! Imaxinade, tede Ideas, Inspirádevos, Investigade e Innovemos, como nos propoñen dende a Domus, porque agora tócavos a vós!!!