Archivo del sitio

Frankenfish

Coidado co que dicides rapaces. Frases como “cando as ras crien pelo”, “Cando caia o ceo” ou “Cando os peixes camiñen”… a partir de agora terán que deixar de formar parte do voso vocabulario. Porque xa está aquí, Frankenfish.

Non, non imos “spoilear” o remake dunha peli na que collen un pez morto e o reviven nun castelo a base de tormentas. Usaremos estas liñas para falar dun dos animais máis estranos da biodiversidade mariña, o Channidae.  Ou como é chamado coloquialmente: “Frankenfish”, “Fishzilla” ou “Snakehead”. E cal é a principal característa deste simpático peixe??; pois que poder “andar” pola terra  e sobrevivir con osíxeno ata 3 días.

Moitos animais raros vimos na nosa andadura cripto-paleonto-zoolóxica, pero creo que ningún con tanta cara de poucos amigos como este monstruo de auga doce. E dicimos monstro, porque se trata dunha especie superterritorial que ten tan mal baba que é capaz de zamparse a tódolos peixes do lago ou estanque no que se atopen; e cando non teñen nada que levar á boca van “camiñando” dun sitio a outro para buscar novos alimentos, chegando en algunha ocasión a atacar humanos. Por se isto fose pouco, estas malas bestias poden chegar a poñer 15.000 ovos de cada vez e a medir ata un metro de lonxitude. Non era eu o que querería atoparme un destes cando vaia coller o 4. Non ía con eles nin a nave do misterio.

Brrrrrrrrrr. Escalofríantes imaxes!!!!!