Archivo del sitio
A trasLUZ: 5ª sesión do CCI 2015
Algunha vez preguntácheste cando brillou a luz por primeira vez no Universo? Case todos observamos algunha vez a saída do Sol pola mañá, o comezo dun novo día. Os astrónomos dan un paso máis e buscan as primeiras fontes de luz do Universo, observando a súa historia a través de potentes telescopios. A súa última aspiración é aínda máis ambiciosa: rastrexar toda a historia do Universo; dende o seu inicio, o Big Bang, ata o presente, case 14.000 millóns de anos despois.
A teoría ou hipótese do Big Bang (Grande Explosión) para explicar a orixe do universo, é a máis aceptada pola sociedade científica na actualidade. E precisamente disto, da orixe da Luz no Universo, do Big Bang, do Telescopio espacial Hubble (que orbita no exterior da atmosfera, en órbita circular arredor da Terra a 593 km sobre o nivel do mar, cun período orbital entre 96 e 97 min) e da Teoría da optica de Newton falamos na pasada sesión do CCI.
E logo da teoría pasamos á práctica. O traballo en equipo vai ser unha constante ao longo das vindeiras sesións:
- Equipo blog (transmitirá a información a través do blog)
- Equipo info (encargarase da redacción dos contidos)
- Equipo imaxe (reflexará os contidos e o desenrolo das sesións a través de imaxes)
Deste xeito teremos todo ben recopiladiño sen que se nos escape nada para amosar no noso día grande o Día da Ciencia na Rúa (DCR) o sábado 9 de maio.
Así que eu de vós non perdería detalle das ferramentas de traballo dos CCI’S porque van ir publicando cousas ben interesantes:
Blog de traballo da Biblioteca Infantil: https://ccibiblioinfantil.wordpress.com/
Blog de traballo da Biblioteca Forum: https://ccibiblioforum.wordpress.com/
Pinterest: https://www.pinterest.com/ccibibcoruna/