Archivo del sitio

II Xornada de iniciación á ornitoloxía

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) organizan, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, a II Xornada de Iniciación á Ornitoloxía.

A xornada, de carácter divulgativo e dirixida ao público interesado en iniciarse no mundo da ornitoloxía, terá lugar o venres 13 e o sábado 14 de decembro no Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña). Farase especial fincapé nas aves mariñas da Costa de Oleiros.

O programa para o 13 de decembro é o que segue a continuación:

  • 16.00 h. As aves da ría do Burgo: observar, fotografiar, divertirse e pensarAntonio Sandoval Rey
  • 17.00 h. Introdución á observación de gaivotas. As gaivotas na contorna da cidade da CoruñaXabier Varela Varela
  • 18.00 h. Descanso
  • 18.30 h. O mundo do birdingCosme Damián Romai Cousido.
  • 19.15 h. Coñecer e conservar. Cómo participar na defensa das nosas avesSergio París Gómez.
  • 20.00 h. Presentación da obra ¿Para qué sirven las aves?, do escritor e comunicador ambiental Antonio Sandoval Rey

Para o sábado 14 de decembro o que está previsto segundo programa é unha saída ornitolóxica pola Ría do Burgo.

Xornadas ornitoloxia

As prazas para as xornadas son limitadas e requírese previa inscrición. Ten un custo de 10 €.

Para máis información poñerse en contacto co CEIDA: correo electrónico formacion@ceida.org e teléfono 981 630 618.

As gaivotas das Mariñas Coruñesas

O próximo xoves 28 de novembro, os nosos amigos do Grupo Naturalista Hábitat organizan un encontro naturalista sobre as gaivotas das Mariñas Coruñesas. Nesta ocasión, contarán co ornitólogo Xabi Varela, experto en identificación de gaivotas e diferenciación de idades polas plumaxes.

A charla será ás 20.30 horas no local do Grupo Naturalista Hábitat e este día concretarase a data para unha saída práctica polos arredores da Coruña.

As gaivotas das Mariñas Coruñesas

Trátase dunha actividade gratuita, pero dado que o aforo do local do Grupo Hábitat é limitado, faise preciso confirmar a asistencia por teléfono ou correo electrónico: 981 13 50 14 / gnhabitat@yahoo.es.

CCI’s!! Esta é a vosa oportunidade para aprender un chisquiño máis sobre as aves e para escoitar a un gran ortinólogo.

Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña animámosvos a participar e a que compartades con nós a vosa experiencia no blog.