Archivo del sitio

Test de Biodiversidade no Encoro de Cecebre

Congreso Natureza e imaxe

 

Este ano no CCI tivemos unha saída para visitar o encoro de Cecebre e coñecer o percorrido da auga por este espazo e máis saber como se trata para que chegue en perfectas condicións ata as nosas casas. De seguro que ós nosos CCIs lles chegou a pouco, e para que poidan disfrutar outra vez da natureza, do seu verde e incluso de como ule a auga, aproveitamos para avisarvos de que o CEIDA organiza o Test de Biodiversidade, dentro do marco do III Congreso Natureza e Imaxe o sábado 1 de xuño, coa colaboración do Concello de Abegondo e o patrocinio do Consorcio As Mariñas.

 

Esta é unha convocatoria de balde dirixida a toda a cidadanía interesada en coñecer a diversidade paisaxística e natural do Encoro de Abegondo-Cecebre. Os participantes realizarán fotografías da súa flora, fauna, paisaxe, etc. para posteriormente subilas á plataforma dixital Biodiversidad Virtual onde un grupo de expertos se encargarán de clasificalas e catalogalas.

Por iso, se tes ganas dun bo paseo pola natureza non o dubides, porque o único requisito é inscribirse a través do formulario de inscrición.