Archivo del sitio

Día do ADN no MUNCYT

Esta fin de semana (sábado 25 e domingo 26 de abril), o MUNCYT súmase á celebración mundial do Día do ADN (25 de abril) organizando, en colaboración coa Asociación Española de Xenética Humana, diversos obradoiros para ensinar todo o relacionado con esta molécula.

Cartel informativo da celebración do Día do ADN no MUNCYT da Coruña

Os visitantes poderán extraer o ADN dunha froita a partires de material caseiro e farán observacións de cromosomas ao microscopio. Ademáis, a través da reconstrucción dun crime ficticio, explicarase a identificación xenética e poderase participar na construcción dun ADN xigante.

Tes alma de xenetista? Curiosidade científica? Pois aproveita porque a entrada é libre ata completar aforo!

Anuncios

A que animal extinto queres resucitar?

A revista New Scientist publicou hai uns meses un articulo no que falaban da posibilidade de resucitar animais extintos grazas ao seu ADN. Agora mesmo, e a pesares dos avances científicos, é imposible crear vida a partires dunha secuencia  de ADN que estea nun archivo informático, pero nun futuro non moi lonxano, alguén probará unha nova tecnología que o permita, ou polo menos así o pronosticou un dos integrantes do Proxecto Genoma, o biólogo molecular Stephan Schuster.

Mentres tanto poderemos imaxinar e/ou pensar no animal que máis nos gustaría resucitar. Pero, poderemos volver á vida a calquer animal?. A resposta é non CCI´s; só o poderemos facer con aqueles dos que teñamos a súa secuencia de ADN completa. Tendo en conta que o ADN se destrúe e descompón facilmente, obtelo integramente é moi complicado. De feito, aínda que as condicións foran as ideais (preservado en xeo, unha cova ou en rexións moi secas), o ADN non podería sobrevivir máis dun millón de años. Así que, sinto dicirvos que non poderemos  ver dinosaurios nas rúas.

Sabemos que todos estades desexando ter un especime extinto nas vosas casas asi que ímosvos dar a:

RECEITA PARA UNA BOA RESUCITACIÓN:

Ingredientes:

  1. Un ADN ben conservado.
  2. Varios miles de millóns de bloques construidos de ADN
  3. Unha boa especie sustituta
  4. Unha avanzada tecnoloxía

Preparación:

Antes de extraer o ADN da nosa especie extinta teremos que lavar ben as mans. Unha vez feito, secuenciamola e reunimos os fragmentos para obter un xenoma completo. Deixamos o xenoma a lume lento e collemos as construccións de bloques de ADN para recrear o ADN do animal extinto, co número correcto de cromosomas.

Empaquetamos os cromosomas artificiais nun núcleo e o insertamos nun ovo dun sustituto adecuado. Unha vez que teñamos o embrión, este será o clon del animal extinto. Agora fai falta calor para facer medrar ao embrión. Se o que queres é obter un mamífero, inserta o embrión no útero dunha madre sustituta (pero moito ollo!!!!, non vale calquera); para reptiles o aves, incuba os embrións utilizando unha tecnoloxía innovadora (non te sentes enriba deles porque non vai pasar nada); se queres que a túa nova mascota sexa un anfibio ou un peixe, cuxa fecundación se produce fora do cuerpo, simplemente senta e agarda.

Lembra que:

O tempo de espera para que o teu embrión medre dependerá do tipo de bicho que sea. O periodo de xetación dun mosquito é de 20 días, mentres que o da Salamandra negra é de algo máis de 3 anos. A especie elexida ten que ter un ADN relacionado co dunha una especie viva para que ao modificalo sexa igual ao do exemplar desaparecido.

No próximo post poremos o TOP 10 de animais que con máis probabilidade poderían voltar á vida. Mentras tanto, cales resucitarías ti?