Archivo del sitio

O laio dos xigantes

Parece que o vento da terra pódese ouvir laiar no Monte Pindo, fogar dos xigantes que custodiaban un dos montes máis preciosos da costa galega.

1280px-Xigante_do_Monte_Pindo
Todo o espíritu naturalista do que falamos estes meses pode axudarvos a entender a pena que debe afogar a cada xigante de pedra que vivía nas faldras dun monte que antes fervía en vida e auga. Mentras escribo este pequeno post, o Monte Pindo arde en lume descontrolado e de nada servirán a partir de agora os nosos cadernos de campo, as nosas observacións, os nosos debuxos, porque no Pindo só quedarán cinzas.

Monte Pindo ardendo

E posiblemente o rumor do laio dos xigantes…

Coitelos que cortan auga!

Hidrofobia chámaselle á rabia, esa enfermidade para a que nos vacunan se nos morde un can, por Cuchillo-corta-agua_TINIMA20121003_0301_18exemplo. Mais hidrofobia é o que fai posible cortar a auga, si, si, eu tamén quedei abraiado coa noticia cando a lin.

Á marxe do espectacular, a auga, ademais de supor para todxs xs seres do planeta un recurso fundamental, a vida, en definitiva, é unha parte fundamental da nosa propia composición, así que lede a noticia e pensade nas implicacións que esta abraiante posibilidade pode ter para nós.