Archivo del sitio

Á LUZ do faro: 7ª sesión do CCI 2015

Antes de coller as vacacións de Semana Santa os rapaces e rapazas do CCI  tiveron unha semana chea de sorpresas e contidos no Club de Ciencia e Investigación das Bibliotecas Municipais, e marcharon cos deberes ben feitiños. O  martes e o xoves tivemos as sesións preparatorias nas respectivas bibliotecas Infantil e Forum para poñer todo en marcha para a nosa segunda saída, a visita guiada polo interior da Torre de Hércules.

Para a sesión preparatoraia da saída “Á LUZ do faro”, contamos coa colaboración da nosa compañeira e experta en Faros Marta Rivadulla da Biblioteca de Monte Alto. Con ela fixemos un repaso ben interesante polo mundo dos faros e aprendemos unha chea de curiosidades. Sabiades que ao comezo da navegación o home guiábase polo perfil da costa? Non foi ata que empezou a navegación nocturna cando se fixo necesaria a presencia de referencias lumínicas.

A vida dos fareiros chea de peculiaridades chamou moito á atención dos CCIS, e a algún que outro mesmo lle entraron ganas de convertirse en fareiro. Desfrutar dunha vida tranquila en plena natureza é un plan de por sí máis que apetecible, o que non é tanto é o traballo de noite e que mesmo ás veces  quedaban sen provisións.

De especial interese é o Reglamento do Fareiro:

  • ter entre 21 e 40 anos
  • saber ler e escribir e as 4 regras aritméticas
  • ter boa conduta moral (certificada polo cura)
  • carecer de defectos físicos
  • amosar ante o director e mestres de escola o debido respecto, sumisión e obediencia

 Curiosidades sen dúbida ben interesantes ás que hai que sumar a aparición de grandes inventos que axudaron moito a mellorar a eficacia dos faros como a vávula solar ou a lente de Fresnel (chamada así polo seu inventor)

 E especial referencia fixo a nosa compañeira Marta aos faros en funcionamento na costa galega, dende o Plan Xeral de Alumeado Marítimo no 1847 ata a actualidade.

Tampouco faltaron as referencias a faros míticos coma o de Alexandría (en Exipto), Faro de Cabo de Fornos (en Arxentina), ou o Faro da illa de Skye (en Escocia).

E para rematar fixemos un xogo de pistas no que os CCIS tiveron que adiviñar de que faro se trataba, algo que por suposto, despois de escoitar moi atentos a teoría, superaron con creces.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Poderiamos seguir contando máis cousas interesantes sobre o mundo dos faros posto que a sesión deu moito de sí, pero non queremos extendernos máis. Só nos queda agradecer unha vez máis a colaboración da nosa compañeira Marta, e se vos apaixona o mundo dos faros e queredes saber máis, recomendámosvos que non deixedes de visitar o seu blog!!