Buscar resultados para cci 2014

Inspección Costeira de Aves Orilladas (ICAO)

Benqueridos CCI’s hoxe queremos trasladarvos coñecemento dun proxecto que nos chegou da mán dos nosos amigos do Grupo Naturalista Hábitat. É un proxecto ben interesante do que podedes participar e formar parte moi activamente no voso tempo libre.

Estamosvos a falar das ICAO ou o que é o mesmo, da Inspección Costeira de Aves Orilladas. Este proxecto ten como obxectivo monitorizar a chegada á costa de aves vivas e mortas que poden producirse ao longo do litoral da Península Ibérica. Baséase no traballo altruista de voluntarios que inspeccionan a pé e de forma detallada tramos de costa. As ICAOs poden ser coordinadas de forma simultánea ou ben realizarse de forma oportunista, especialmente despois de condicións meteorolóxicas adversas e posibles verquidos de sustancias contaminantes ao mar.

Hai que ter en conta que a sucesión de temporais deste inverno tiveron un grave impacto sobre a avifauna mariña. Dende comezos de febreiro milleiros de aves están aparecendo mortas nas praias do Cantábrico e o golfo de Viscaia asi como tamén son moitas as atopadas nas costas británicas, francesas e españolas. A prensa fíxose eco desta mortandande, con artigos como o publicado polo diario El País, con información de SEO/BirdLife, que consideraba o impacto destes temporais como unha especie de “Prestige” meteorolóxico.

Unha ICAO coordinada  polo Grupo Ibérico de Aves Mariñas  (GIAM)  de SEO/Birdlife e formada por un cento de voluntarios xa tivo lugar o pasado 15 de marzo e percorreu todo o litoral atlántico español dende Galica ata Euskadi.

Pero vós podedes aportar o voso grao de area de forma individual porque como vedes a participación é moi sinxela: un simple paseo pola praia, anotando nesta ficha unha serie de características (praia, hora, marea, extensión percorrida…) e as aves que se atopen mortas

Para non repetir praias é importante coordinarse, así que se vas participar, é preciso que mandes un correo a atoblue5@yahoo.es, indicando nome completo, praias a prospectar e un móbil de contacto. Se ademais queres estar cuberto polo seguro que SEO/Birdlife xestiona para os voluntarios nesta actividade, deberás indicar teu número de DNI.

As praias que xa están cubertas, e que non deben ser prospectadas para evitar duplicidades, son: As Catedrais (Ribadeo), Reinante, Benquerencia e Altar (Barreiros), e Llas (Foz), A Barra (Ponteceso), Traba e Laxe (Laxe), Seiruga e Malpica (Malpica).

Por se vos animades, deixámosvos máis información, aquí.

aCCIón 2.0

Tras unha semana de parón polo mal tempo que non nos permitiu sair á contorna de Cecebre para o anelamento de aves que tiñamos pensado facer, recobramos o ritmo do CCI cunha nova sesión chamada “aCCIón 2.0” coma sempre, xúntamonos nas Bibliotecas Municipais, para facer as nosas investigacións “secretas”, nesta caso tocounos investigar sobre a Web 2.0 e as ferramentas que máis se axustan ás nosas necesidades como bos investigadores naturalistas que somos.

Descubrimos que é Pinterestunha rede social para compartir imaxes que para nós como investigadores é moi útil xa que nos permite crear e administrar taboleiros temáticos, neste caso, nós creamos dous taboleiros, un no que gardamos imaxes de cadernos de campo que nos axudan a crear os nosos propios e outro de recursos con diferentes títulos de libros e guías sobre aves. Para poder encher estes dous taboleiros tivemos que buscar as imaxes na rede e subilas ben dende unha páxina web ou ben descargándoas primeiro no ordenador e subindoas máis tarde ao taboleiro correspondente. Tamén coñecimos o que é “pinear”, que é postear ou subir unha foto nun dos taboleiros xa creados, a verdade é que resultou moi entretido porque hai moitas imaxes na rede que nos poden axudar na nosa labor de investigadores.

PINTEREST CCI

 

Tamén tuvemos ocasión de entrar no Flickr das Bibliotecas Municipais e vimos moitas das fotos do CCI, cousa que nos gustou moito xa que eso de verse en internet faiche parecer algo famoso 🙂 e aprendimos como descargar as fotos desta rede xa que están baixo unha licencia Creative Commonsque son as licencias de autor dunha obra coas que o autor ofrece o permiso ao resto de usuarios de compartir ou empregar as súas obras baixo uns términos e condicions que el mesmo decide. 

flickr cci

 

Coñecer estas redes serviunos para despois facer un post no noso blog de prácticas do CCI, no que inserimos imaxes descargadas previamente, engadimos enlaces de interese para os nosos lectores como pode ser o catálogo das Bibliotecas Municipais. Aprendimos tamén a importancia de titular correctamente un post xa que esta información xunto coas categorías e as etiquetas son moi importantes á hora de ter ben organizado o noso blog e que a xente que busque en información sobre aves ou natureza podan atopar os nosos post dun xeito máis sinxelo e sexan do seu agrado.

E por último, puidemos facer préstamos dos CCIlotes e lembrar que este sábado día 22 temos a nosa saída máis esperada a Cecebre, esperemos que esta vez o bo tempo nos acompañe e podamos gozar dunha divertida mañá cos nosos amigos do Grupo Naturalista Hábitat.

 

Preparados para a aCCIón de campo

Unha semana máis os CCIs xuntámonos nas Bibliotecas Municipais, esta vez da man de Damián Romay, biólogo e membro do Grupo Naturalista Hábitat, ó que acompañou o último día Atocha, outra bióloga do Grupo.

Con eles preparamos a próxima saída á contorna de Cecebre, na que xa de forma real teremos que poñer en práctica todo o descuberto e aprendido nas sesións anteriores.

Esquema del método científicoCon Damián puidemos saber en qué consiste o método científico, e porqué éste é tan importante para un naturalista. Decatámonos de que observar, preguntar, cuestionarse calquer cousa e anotalo todo é a base para comezar a crear un caderno de campo. Completando o comezado en sesións anteriores, analizamos un dos cadernos de Damián, con moitos anos de vivencias anotadas e analizadas, e mesmos doutros compañeiros que aínda que distintos, sempre tiñan en común a rigorosidade da descrición.

Pero, unha vez coñecido o proceso de “investigación” que utilizaremos, que máis precisa un naturalista nunha saída de campo? Facemos un repaso do que nos indicaron?

A roupa: imprescindible adaptala ao entorno no que nos moveremos, e xa sabemos que nesta época a choiva pódenos acompañar en calquer momento, así que calzado e roupa para non mollarnos.

Os aparellos: como se trata de descubrir, estudar e ver pero sen molestar ós paxaros e demáis seres vivos, botaremos man de todo aquilo que nos facilite a observación. O máis común entre os nosos CCIs eran os prismáticos e as cámaras  (que a maioría xa coñecía) pero tamén nos ensinaron as lupas e telescopios, moito menos utilizados no día a día.

Bibliografía: e como non o coñecemos todo, e precisamos de algo que nos indique qué estamos a ver cando saímos ó campo, Damián presentounos un montón de guías de aves e manuáis (como as que temos nas Bibliotecas) que nos axudarán a ir descubrindo pouco a pouco a plumaxe dos paxaros, os seus cantos, onde e cómo viven…

Aínda queda un pouquiño para poder xuntarnos de novo en Cecebre, así que por se nos entraban as ansias de pisar xa o campo, repasamos os entornos máis cercanos, ós que podemos ir mesmo a pé, dentro da Coruña, e observar a variedade de aves entre outras moitas cousas: parque de Santa Margarita, Eirís, San Pedro, Torre de Hércules, etc. Alguén nos quere contar qué descubriu nos seus paseos por estes sitios?

E por último, recordarvos que igual que os CCIs, nas Bibliotecas de Ágora, Forum Metropolitano e Infantil e Xuvenil podedes levar en préstamo un dos CCIlotes que temos preparados con documentos sobre todo isto.

Vémonos na seguinte, e antes, por aquí, no Flickr ou nas Bibliotecas, todas as veces que queirades!

aCCIón de campo

A semana pasada tivemos a segunda sesión nas Bibliotecas Municipais Ágora,  Forum Metropolitano e Infantil e Xuvenil, baixo o nome “aCCIÓN DE CAMPO”
Nesta sesión os rapaces descubriron grazas aos libros, as tablets e a unha presentación de prezi o que é un caderno de campo, para que serve e quen o emprega.
Entre todos fixemos un pequeno recordatorio da primeira sesión deste ano, xa que houbo CCI´s novos que non puideran asistir á nosa primeira cita.
Lembramos as cualidades que ten que ter un investigador naturalista, como son:
– a paciencia,
– a memoria e
– unha boa observación facendo un xogo que moito lles gustou.
Poñendo a proba a súa capacidade observadora, fixemos unha serie de preguntas sobre nós mesmos nas que nos decatamos da importancia dos pequenos detalles… Neste xogo tiñan que fixarse no que levaban posto e como eran os seus compañeiros e despois facíamos preguntas sobre algún compañeiro e tiñan que acertar, con este xogo os rapaces descubriron a importancia dos pequenos detalles que só se conseguen apreciar cando un observa detidamente, algo moi necesario na observación de aves.
Nesta sesión fóronlles entregados os seus cadernos de campo e mesmo fixeron unha práctica para estar preparados para a seguinte sesión, na que contaremos coa presenza do Grupo Naturalista Hábitat.
Rematamos este encontro cada un co seu CCI- lote xa que o primeiro lote que levaron gustoulles moito e quixeron levar outro en préstamo.
Lembrade que tedes á vosa disposición o noso catálogo por se queredes ir descubrindo máis cousiñas sobre as aves e o naturalismo.

Coñecedes os CCI-lotes?!

Unha vez inaugurado o CCI deste ano como se merece, e debidamente reseñado no post anterior aCCIonando mentes, querémosvos presentar unha novidade deste ano: os CCI-lotes!! Aínda que na Biblioteca do Forum é algo que viñan facendo en anos anteriores do CCI, neste 2014 sumámonos á iniciativa as bibliotecas Infantil e Xuvenil e de Ágora. O que si é unha super novidade nas tres bibios son as mochilas tan chulas dos CCI-lotes!!

Os e as CCI’s que puidéchedes vir á primeira sesión xa tivestes ocasión de ver en que consisten os lotes de préstamo do CCI, pero para aqueles rapaces e rapazas que non puideron asistir e para o resto de persoas amantes da natureza e do medio ambiente con ganas de levar en préstamo os CCI-lotes imos explicar brevemente que é iso dos lotes:

3 x 1: tres documentos que contan coma un só préstamo.

A biblio nunha mochila: materiais relacionados coa  natureza, medio ambiente, naturalismo e máis en concreto… aves, que é o tema que nos ocupa este ano no CCI. En cada lote intentamos abarcar a variedade de materiais na biblioteca (audiovisuais, libros de ficción, materias) e a amplitude dos temas relacionados co naturalismo.

Duración do préstamo: 15 días, renovables por outros 15. En total 30 días!

E vos estaredes a preguntar, quen pode levar en préstamo os CCI-lotes? Calquera usuario ou usuaria das Bibliotecas Municipais da CoruñaAsí que bulide! Os CCI-lotes agárdanvos!!

CCI lotes en Bib. Infantil

CCI-lotes na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil

CCI lotes na Bib. Forum

CCI-lotes na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano

CCI lotes na Bib. Ágora

CCI-lotes na Biblioteca Municipal Ágora

CoruñAves 2014

Maraton Ornitoloxica_2014Un ano máis o Grupo Naturalista Hábitat organiza a V edición de CoruñAves 2014, maratón ornitolóxica no Concello da Coruña.

A data para esta actividade está prevista para o sábado 11 de xaneiro ás 9 da mañán, na rúa Camariñas, 8-baixo. (a 150m da Domus)

Esta actividade consiste en dividirnos por equipos e ver o maior número de especies de aves como sea posible ata as 13:30h, empregando prismáticos, telescopios, cámaras fotográficas… e os medios de transporte que respectan o noso entorno, como poden ser o bus urbano, a bicicleta ou o coche de San Fernando (un pouquiño a pé e outro pouquiño andando).

Ás 13:30h terá lugar o reconto de aves no local do Grupo Hábitat (rúa Camariñas, 8-baixo) é moi importante chegar a esa hora xa que a impuntualidade pode supoñernos a descalificación. O equipo gañador recibirá un pequeno agasallo.

Así que, se queres pasar a mañán do sábado entre amigos e aves, non tes máis que:

  • enviar un correo electrónico a gnhabitat@yahoo.es, indicando o teu nome completo e o teu teléfono
  • ou chamando 981 135 014

Deixámosvos as bases completas para que poidades consultalas.  O prazo de inscrición remata mañán.

Esperámos que o pasedes moi ben e lembrade que todavía quedan prazas para formar parte do club CCI o ano que ven nas Bibliotecas Municipais do Forum Metropolitano e do Ágora.

Podes inscribirte neste formulario .

10 de maio: XIX Edición do Día da Ciencia na Rúa

Xa non queda nada, estamos en vésperas da tan esperada cita para os membros do Club de Ciencia e Investigación (CCI) das Bibliotecas Municipais, o Día da Ciencia na Rúa (DCR) que coma tódolos anos dende o 1996 se ven celebrando o primeiro sábado do mes de maio no Parque de Santa Margarita por iniciativa da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Día da Ciencia na Rúa 2014

Cartel do Día da Ciencia na Rúa 2014

 No DCR os CCI´s toman o protagonismo e serán o eixo e centro das actividades que se desenrolen. Serán os que amosen o stand aos visitantes, os que saian nos videos promocionais da actividade, os que mostren os libros científicos que van estar no stand… e os que poñan en práctica todo o aprendido ao longo destes catro meses de CCI nos que, baixo o lema aCCIón ambiental, nos adentramos na temática naturalista e máis en concreto no mundo das aves.

 Nas sesións previas os CCI´s estiveron ultimando os detalles e poñendo todo a punto para que no DCR saia todo a pedir de boca.

Unha das sorpresas que temos preparada é un Laboratorio xerador de Haikus posto que teñen moita relación co tema tratado este ano no CCI, o naturalismo. Os haikus son composicións poéticas de orixe xaponesa que constan de tres versos, de 5, 7 e 5 sílabas, sen rima e a temática busca sempre describir os fenómenos naturais, o cambio das estacións, ou a vida cotiá da xente.

 

Co “Xogo dos pares” os CCI´s demostrarán que reúnen todas as cualidades para ser un bo naturalista.  E co xogo “Non perdas os aneis” explicarán e poñerán a proba aos asistentes no coñecemento do proceso de anelar aves, unha das saídas que se o tempo nolo permite poñerá o broche final a este CCI 2014.

E un dos platos fortes serán sen dúbida os roteiros que faremos polo Parque de Santa Margarita guiados polos nosos compañeiros e colaboradores deste ano no CCI, os membros do Grupo Naturalista Hábitat, onde os CCI’s facendo uso das súas capacidades observadoras irán sacando fotos coas que realizaremos un concurso final.

Lembrade que tanto os roteiros coma o resto de actividades están abertas a todo o público que queira participar. A cita, mañá sábado 10 de maio no Parque de Santa Margarita. Agardámosvos!

Guapxs a conciencia

 Xa sabedes que estamos quecendo motores para dar comezo ao CCI 2014, pero antes xusto de comezar queriamos lembrarvos unha nova de hai case un ano, unha nova que afecta tamén a todxs xs paxaros que imos aprender a identificar e que imos avistar nas nosas saídas deste ano.

Sónavos a palabra vivisección? Pois ben, o 11 de marzo do 2013 deuse un grande paso na defensa dos dereitos animales ao ser prohibida para a proba de productos cosméticos así como a súa venda en Europa. Qué significa esto? Símbolo de producto non experimentado en animais

  1. Por unha parte que millóns de animales que eran criados en laboratorios e destinados á experimentación, van deixar de ser utilizados con probas realmente crueis para probar toxicidades, alerxias, lesións, etc.
  1. Que esas colonias, xeles de ducha, champús, pastas de dentes e demais productos cosméticos que usamos na nosa vida diaria, deixarían de estar probados en animales co que non teriamos que buscar a marca co simboliño de producto non testado en animales. 

En definitiva, que xa podemos estar guapxs todxs a conciencia e con conciencia. Agora só queda esperar que se prohiba en todas partes.

Parabéns con antelación a todxs xs animais de laboratorio!

Animal testing ban

Cartaz do 11 de Marzo de 2013.

Letras naturalistas

 Porque non só de ciencia vive a persoa, o naturalismo, que tanto resoa por aquí neste período pre-CCI 2014, empápase de un montón de connotacións humanistas, filosóficas, literarias…Se non lembro mal, todo esto do CCI era unha proposta que vinculaba a biblioteca como espazo coa ciencia como grande materia, e este ano específicamente co naturalismo, non é?! Logo pois, aproveito para recomendarvos algún deses nomes que fan apoloxía da ciencia, da natureza, do coñecemento natural de primeira man, chamadxs naturalistas por crer no vínculo que entre o ser humán como habitante e a natureza como nai eterna, se pode e debe crear.

Replica_of_Thoreau's_cabin_near_Walden_Pond_and_his_statue

Henry David Thoreau foi un escritor norteamericano curioso, por decilo así, axitador político, defensor das liberdades nun tempo en que escaseaban as máis esenciales, naturalista convencido, e namorado das paisaxes que o viron crecer. Se tedes oportunidade e queredes disfrutar do que se deu en chamar trascendentalismo na literatura norteamericana, non deixedes de ler Walden, unha viaxe interna de crecemento no medio dos bosques de Massachusetts.WALDEN PORTADA

E se vos gusta, bulide fora da cidade e desfrutade da vida na fraga, no monte, pero lonxe do ruído da civilización.

A Ciencia está de moda

Imaxe xenérica que ilustra a CienciaQue a Ciencia está de moda é algo que algunhas persoas xa viñamos ulindo dende fai tempo. Segundo o seu sentido máis amplo, a Ciencia é calquera coñecemento organizado, e dende o CCI queremos facervos partícipes das moitas e variadas actividades e experiencias que xiran arredor das ciencias na Coruña.

Escollede qué vos atrae máis á hora de coñecer o mundo que nos rodea, que vos interesa descubrir, e deixade que a curiosidade vos leve!

NA CORUÑA

As estrelas e Galileo. Comezamos ca máis inmediata e gratuíta, hoxe venres 13 de marzo, no Salón de actos do Centro da UNED da Coruña (Pza. da Tolerancia).

Esta actividade consta de dúas partes:

1. 19:45-20:45 h. Conferencia de Borja González Tosar: “La Charla que le gustaría que le dieran a Galileo”, sobre os avances da Ciencia dende a época de Galileo ata a actualidade e a súa relación ca Astronomía.

2. 21:00 h. Observación astronómica guiada, na que se observarán as estrelas e o ceo do mes de marzo, mes da primavera. A observación farase na Praza da Tolerancia.

 

Logo dos Museos Científicos CoruñesesQueremos destacar tamén os Museos Científicos Coruñeses, cos que compartimos a filosofía de que “Sen ciencia non hay cultura”, e propoñervos algunha das súas actividades (na súa Axenda podedes ver tódalas actividades que ofertan):

  • No Planetario dixital da Casa das Ciencias pódese explorar o Sistema solar español tódolos sábados, domingos e festivos ás 13:00 e ás 18:00 h. É un programa que fai unha viaxe pola atmósfera de Venus, os tubos volcánicos de Marte e algúns cometas e asteroides do Sistema Solar.
  • A mostra El cielo paso a paso da Casa das Ciencias é unha exposición de seis time-lapses sobre diversos fenómenos relacionados co firmamento, dende os movementos das estrelas, planetas e satélites ata o paso das nubes ou a subida e baixa das mareas, obtidas polos astrofotógrafos Oscar Blanco, Alfredo Madrigal, Angel R. Arós e Pablo Canedo.
Imaxe da Mostra El cielo paso a paso na Casa das Ciencias

Mostra El cielo paso a paso na Casa das Ciencias

  • Xogo de neuronas é a exposición que a Domus destina á intelixencia humana, na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro a través de 13 módulos interactivos, que percorren cada unha das 8 intelixencias descritas polo sicólogo Howard Gardner, premio Príncipe de Asturias no 2011.
Imaxe do Xogo de neuronas na Domus da Coruña

Xogo de neuronas na Domus

  • Zona-i do Aquarium Finisterráne. O Aquarium conta cun espacio de reflexión sobre a información científica, a Zona-i, na que se invita a interpretar, imaxinar e mesmo adentrarse no desconocido a través de xogos, algo que sempre cremos que é moi necesario para que o noso cerebro non se aletargue.
  • No Museo de Arte Contemporáneo atopamos Y la luz se hizo (Et facta est lux), unha exposición de varios artistas na que a luz, os seus efectos e todo o xogo de texturas e formas que esta produce son os seus protagonistas.
Peza de Duvier del Dago na exposición Y la luz se hizo

Peza de Duvier del Dago na exposición Y la luz se hizo

 

E con todo isto, a poñer de moda a Ciencia!!!