Archivo del Autor: vanesarios

Inspección Costeira de Aves Orilladas (ICAO)

Benqueridos CCI’s hoxe queremos trasladarvos coñecemento dun proxecto que nos chegou da mán dos nosos amigos do Grupo Naturalista Hábitat. É un proxecto ben interesante do que podedes participar e formar parte moi activamente no voso tempo libre.

Estamosvos a falar das ICAO ou o que é o mesmo, da Inspección Costeira de Aves Orilladas. Este proxecto ten como obxectivo monitorizar a chegada á costa de aves vivas e mortas que poden producirse ao longo do litoral da Península Ibérica. Baséase no traballo altruista de voluntarios que inspeccionan a pé e de forma detallada tramos de costa. As ICAOs poden ser coordinadas de forma simultánea ou ben realizarse de forma oportunista, especialmente despois de condicións meteorolóxicas adversas e posibles verquidos de sustancias contaminantes ao mar.

Hai que ter en conta que a sucesión de temporais deste inverno tiveron un grave impacto sobre a avifauna mariña. Dende comezos de febreiro milleiros de aves están aparecendo mortas nas praias do Cantábrico e o golfo de Viscaia asi como tamén son moitas as atopadas nas costas británicas, francesas e españolas. A prensa fíxose eco desta mortandande, con artigos como o publicado polo diario El País, con información de SEO/BirdLife, que consideraba o impacto destes temporais como unha especie de “Prestige” meteorolóxico.

Unha ICAO coordinada  polo Grupo Ibérico de Aves Mariñas  (GIAM)  de SEO/Birdlife e formada por un cento de voluntarios xa tivo lugar o pasado 15 de marzo e percorreu todo o litoral atlántico español dende Galica ata Euskadi.

Pero vós podedes aportar o voso grao de area de forma individual porque como vedes a participación é moi sinxela: un simple paseo pola praia, anotando nesta ficha unha serie de características (praia, hora, marea, extensión percorrida…) e as aves que se atopen mortas

Para non repetir praias é importante coordinarse, así que se vas participar, é preciso que mandes un correo a atoblue5@yahoo.es, indicando nome completo, praias a prospectar e un móbil de contacto. Se ademais queres estar cuberto polo seguro que SEO/Birdlife xestiona para os voluntarios nesta actividade, deberás indicar teu número de DNI.

As praias que xa están cubertas, e que non deben ser prospectadas para evitar duplicidades, son: As Catedrais (Ribadeo), Reinante, Benquerencia e Altar (Barreiros), e Llas (Foz), A Barra (Ponteceso), Traba e Laxe (Laxe), Seiruga e Malpica (Malpica).

Por se vos animades, deixámosvos máis información, aquí.

A primeira parexa de quebraosos nos Picos de Europa tras máis de medio século

quebraosos ou crebaosos (Gypaetus barbatus) é unha ave de rapina da famila Accipitridae. A envergadura das súas alas, que pode acadar 2,9 metros, fai del unha das aves voadoras meirandes.

Quebraoso_16_r

Hoxe queremos transmitir con vós unha boa nova da que seguro que tamén vos alegrades. Técnicos da Fundación para a Conservación do Quebraosos (FCQ) detectaron fai un par de semanas unha parexa de quebraosos nos Picos de Europa.

Trátase dunha femia “Deva”– cedida polo Governo de Aragón e liberada no 2010 no marco do Programa de recuperación do quebrantaosos nos Picos de Europa- e un exemplar adulto dispersante.

A noticia é de grande interese porque o quebraosos é unha das especies máis ameazadas de España, xunto co lince ibérico, a águia imperial, o buitre negro, o oso pardo, o urogalo ou o visón europeo. Estivo históricamente presente na maioría das zonas montañosas de Europa, Asia e África, aínda que durante o último século as súas poboacións sufriron unha regresión moi importante.

Ademáis a parexa amosa comportamentos que preceden ao proceso de reproducción. Ainda que Deva está actualmente no seu cuarto ano de vida e que é unha idade fisiolóxicamente temperá para iniciar a reproducción xa amosa actitudes territoriais defendendo a zona ante buitres e outras rapaces.

Esta especie levaba aló menos 60 anos desaparecida do Parque Nacional e o último niño coñecido data do 1956.

Segundo informou a Fundación, a parexa instalouse nunha zona de gran calidade de hábitat para a especie na vertente asturiana do Parque Nacional dos Picos de Europa o que é algo moi positivo.

Aquí vos deixamos unha reportaxe ben interesante da Recuperación do Quebraosos nos Picos de Europa, botadelle un ollo!

Paxaros animados

Seguro que a todos vós vos gustan os debuxos animados e de seguro que coñecedes ao Pato Lucas, ao Correcamiños, ao Piolín e o inesquecible “Pájaro Loco”, pero sabiades que todos eles son aves? Si si o correcamiños tamén. Así que tomade boa nota porque aí vos van datos ben curiosos que de seguro podedes anotar no voso recén estreado caderno de campo.

 “Pájaro Loco”

Nome común: Pájaro Carpintero Bellotero pajaro loco

Nome científico: Melanerpes formicivorus

Os paxaros carpinteiros son aves que miden entre 20 e 59 cm. A plumaxe da maioría das especies é predominantemente verde brillante, morado ou laranxa, ainda que moitos carpinteiriños amosan certa cantidade de amarelo e rosa.Aliméntanse de insectos, vermes e larva que poden atopar durante todo o ano, capturándoos baixo a corteza ou perforando o interior das árbores ou dos troncos caídos. Os invertebrados que constitúen a maior parte da súa dieta son termitas e  larvas de formiga.

 

 

 

 

PATO LUCAS

PatoLucas

Nombre común: Pato Salvaje

Nombre científico: Aix sponsa

É  un pato salvaxe. “Pato” é un nome común que se lle atribúe a certos tipos de aves que corresponde ás aves que migran nalgunhas temporadas do ano e habitan a maior parte do tempo na superficie ou en zonas preto da auga.O pato silvestre é abundanten América do norte, norte de América central, a maioría de Europa, Asia e América. O anidado lévase a cabo primeiramente na providencia de Canadá. Os patos silvestres pódense atopar probablemente en corpos de auga fresca, lagos, pantanos e ata en campos inundados.

 

PIOLÍN

piolinNome común:  Canario

Nome científico: Serinus Canarius-canario

Piolín é un pequeno canario amarelo de cabeza gorda e patas desproporcionadamente grandes ao que o gato Silvestre intenta atrapar para devoralo.O canario é o paxaro doméstico de maior popularidade en todo o mundo. Atopamolo en xaulas e paxarerias de todolos países do mundo, adaptándose, ainda que cos coidados pertinentes, a tódolos climas e latitudes.

 

 

 

CORRECAMIÑOS

correcaminos2Nome común: Correcamiños

Nome científico: Geococcyx californianus

 O correcamiños é unha enorme ave nativa do deserto de América do Norte. Aínda que é capaz de voar, o famosos veloz correcamiños prefire correr. Os correcamiños exténdense pola maior parte do sudoeste dos Estados Unidos e o deserto do Norte de México. No 1949, en Novo México adoptouse ao correcamiños como a súa nova ave oficial do estado.O corpo do correcamiños é negro con manchas brancas, e a súa cabeza luce unha cresta distintiva por enriba dun pico cómicamente grande. Arrastra unha longa cola, e pode correr tan rápico como 24,14 km por hora.

 

 Agardámosvos na seguinte sesión do CCI  Bip Bip