O CCI comeza de novo cheo de luz!!!

imaxe de publicidade do CCI 2015: Luz en aCCIón

Ola CCIs!!!

Votabádesnos de menos? Pois nós a vós si! E mostra diso é que durante todo este tempo sen novas estivemos traballando para, por fin, ofrecervos un novo CCI!

Este novo ano 2015, dende as Bibliotecas Municipais queremos sumarnos á Asemblea Anual da Organización das Nacións Unidas (ONU), que proclamou o 2015 como o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz, e adicar o noso Club de Ciencia e Investigación a experimentar e ata descubrir os segredos que a luz agocha nas sombras.

Ide preparando os ollos, a imaxinación e toda a ciencia que teñades nos vosos miolos porque o 13 de xaneiro daremos comezo a un CCI cheo de raios, cores, ondas e ata de ilusións… ópticas!

Se tedes entre 9 e 13 anos, moita curiosidade e, sobre todo, ganas de retos, podedes inscribirvos a partir do luns 22 de decembro a través do formulario que sairá neste mesmo blog. Recordade que somos 2 bibliotecas e que deberedes escoller unha delas para participar no CCI:

Biblioteca Infantil e Xuvenil. Martes ás 18.30 h.

Biblioteca Fórum Metropolitano. Xoves ás 18.30 h.

E se xa non podedes esperar máis e tedes curiosidade polo que a luz pode, ou non, facer, deixámosvos unha mostra da “maxia” desta que ata poderedes comprobar na casa.

.: Máis información a través do noso facebook

Que comece o experimento!!!

Anuncios

Publicado el 18 diciembre, 2014 en CCI, luz en aCCIón, Novas y etiquetado en , , , , . Guarda el enlace permanente. 3 comentarios.

  1. Bos días e Feliz Ano 2015!
    ¿Non temos neste ano a posibilidades do CCi no sábado pola tarde como na edición pasada? Se houbese esta posibilidade do sábado, en calquera das bibliotecas danos igual, apuntade a Clara Chenxi Vales Ferreño; de non ser así e sentíndoo moitísimo non podera ir este ano porque agora xa hai moito que estudar e case non hai tempo como non sexa na fin de semana.
    Un saudo e grazas porque a miña filla conoceuvos na edición de ano 2014 e disfrutou e aprendeu moito ca actividade das aves.
    Ana (a súa nai)

    • Ola Ana.
      É unha mágoa que Clara non poida participar, pero este ano efectivamente o CCI desenvólvese, nas dúas bibliotecas que se fai, durante a semana (martes e xoves) agás as saídas, que se fan precisamente os sábados. De todas formas teremos en conta o que nos comentas para a organización do programa do 2016.
      Moitas grazas polo comentario, e esperamos que sigades disfrutando e aprendendo connosco!

  1. Pingback: aLUZina: así foi a nosa primeira sesión do CCI 2015 | Club Ciencia e Investigación

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: