aCCión conxunta II

Este sábado fixemos a nosa primeira sáida do CCI deste ano 2014 e tivemos a grandísima sorte de que nos fixo un día precioso e perfecto para Observar toda a fauna e flora que nos rodeaba.
Un roteiro naturalista polas inmediacións dun dos monumentos máis importantes da nosa cidade, “A Torre de Hércules“.

Neste roteiro puidemos descubrir sen saír da nosa cidade moitas especies tanto de aves coma de flores e mesmo pequenos animais das que xa falaramos en sesións anteriores e que xa tiñamos recollidas nos nosos cadernos de campo, os cales nesta saída axudáronnos moito a identificar a eses animais e sobretodo a anotar as novas especies e descubrimentos que íamos facendo seguindo as indicacións que nos daban Andrés e Atocha, dous expertos naturalistas que forman parte do Grupo Naturalista Hábitat.

Durante o noso percorrido empregamos todos os instrumentos que levamos cada un de nós, prismáticos, cámaras de fotos, móviles e mesmo os telescopios que nos deixaron os compoñentes do Grupo Hábitat. Foi incrible poder ver algunhas aves que voaban a centos de metros de nós coma si estiveran ao noso carón.

Tamén puidemos ver diferentes flores que se reproducen e medran na contorna da Torre de Hércules. As que máis nos chamaron a atención foron a “Carpobrotus edulis” tamén chamada “Uña de gato” e a “Silene latifolia” máis coñecida como “Cabaciña” pola súa semellanza cunha cabaza.
Da “Carpobrotus edulis“, aprendemos que é unha planta invasora procedente de Sudáfrica. Desplaza ás autóctonas ata que as fai desaparecer xa que medra sobre elas, ocúltaas e quitalles os nutrintes e a luz ata que morren.
E da “Silene latifolia“, soupemos que é unha pranta de talos ocos e robustos que poden chegar a medir os 80 ou 100 cm de altura.

Ademáis de flores e prantas atopamos varias especies de gaivotas que estivemos observando para coñecer as diferenzas entre unhas e outras xa que para nós todas eran iguais ata que as puidemos ver xuntas e distinguilas, atopamos lagartos e nas pequenas charcas que se forman de xeito natural puidemos descubrir as ovas de rá.

Todo este percorrido fixémolo ca axuda das guías de aves e prantas que temos nas Bibliotecas Municipais da Coruña e que tanto Atocha como Andrés nos ensinaron como manexar durante todas as sesións do CCI deste ano.

A verdade é que foi unha saída na que puxemos en práctica todo o aprendido durante o CCI deste ano, empregamos os nosos cadernos de campo, todos os aparellos cun bo naturalista debe saber manexar, as guías de aves e prantas e todo iso memos foi grabado pola Televisión de Galicia e ata saímos no periódico “El Ideal Gallego”. O noso club foi famoso por un día!!!

O CCI no periódico "El Ideal Gallego"

O CCI no periódico “El Ideal Gallego”

 

Se queredes ver máis fotos deste día non tedes máis que visitar o noso álbum do CCI en Flickr.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios

Acerca de gcarballeira

Ho Chi Ming!

Publicado el 14 abril, 2014 en aCCIón ambiental, CCI, Novas y etiquetado en , , , , , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: