Preparados para a aCCIón II

Outra semana máis os CCIs das Bibliotecas poideron adentrarse no misterioso mundo animal. E digo misterioso porque desta volta o que seguimos foron as pistas que na natureza deixan para poder identificalos, estudialos e mesmo seguirlles o rastro.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Damián e Andrés, xa coñecidos membros do Grupo Naturalista Hábitat, presentáronnos distintas formas de “espiar” ós animáis, para estudialos e coñecelos moito máis a fondo. Dende as cámaras de fototrampeo, que se colocan no medio natural e empregan unha técnica especial que permiten fotografar automáticamente aos animáis ao seu paso, ata a fotografía convencional, que todos coñecemos, pero que precisa de máis paciencia para atopar o que buscamos (ou que non buscamos pero nos sorprende cando estamos atentos).

As pisadas tamén son unha boa fonte de información e, se non queremos perdelas, agora xa sabemos cal é o método para levalas para analizar na casa, mediante o xeso (igual que o que utilizamos para escaiolar por exemplo un brazo roto).

Outro tipo de indicios cos que nos podemos atopar son os excrementos, que nos din dende a que animal pertencen ata o que comeu, que idade pode ter e moitas máis cousas. E puidemos contemplar verdadeiros niños de paxaro, cornos de renos, cráneos de animais e ata a pel dunha serpe que deixou detrás súa nalgunha muda.

Finalmente o que nos quedou a todos moi claro é a importancia de ser moi curiosos, saber determinar qué información nos proporcionan as pegadas e rastros de animáis e, sobre todo, saír ao campo e exercer de detectives da natureza!

Anuncios

Publicado el 31 marzo, 2014 en aCCIón ambiental, CCI y etiquetado en , , , , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: