A ritmo de verán!

Xa vedes CCIs que o noso blog tamén está de descanso de verán tras todo un curso de actividade na biblioteca, de saídas ao exterior… Lonxe queda xa o Día da Ciencia na Rúa, non si? E o blog leva tamén ese ritmo lento de verán, de días longos e tardes na praia mirando o mar.

Pero non vos creades que todo este tempo estivemos solamente dedicadxs ao lecer. Claro que nos dedicamos á vida contemplativa nos nosos días libres, pero contemplativa de verdade, contemplando as pequenas maravillas que nun pequeno espazo nos pode ofrecer a natureza. Observando, compartindo as nosas impresións e abraíandonos con tantas escenas e tan abraiantes como vemos.

En definitiva, estivemos a disfrutar dos cheiros dos nosos montes, das músicas dos nosos bosques e do percorrer da vida das pegas e mariposas, das cores dos cabaliños do demo á beira dun río e sentados baixo un carballo escoitando o zoar das nosas abellas en perigo de extinción. Foi entón cando nos demos de conta que todo este espíritu nauralista tiña que ser compartido con vós e puxémonos a maquinar sobre todo eso do naturalismo no CCI e foron os nosos amigos de Hábitat quen nos botaron unha man…

Pero esa é outra historia que gardamos para a próxima entrada no blog. Mentras, seguimos a desfrutar do noso tempo na natureza. Apuntádesvos ao noso afán naturalista?CARACOL BEBENDO

Anuncios

Publicado el 9 agosto, 2013 en Bibliotecas Municipais da Coruña, CCI y etiquetado en , , . Guarda el enlace permanente. 1 comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: