Proxecto de recuperación ambiental

life+margal-ullaBaixo o nome de Life+Margal-Ulla, a Consellería do Medio Rural en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e Augas de Galicia están a desenvolver un proxecto de mellora do estado de conservación e recuperación das especies vexetáis e animais existentes no río Ulla.

Para acadar este fin, estánse a desenvolver unha serie de accións sobre grande parte da cunca do río coas que se pretende ampliar a información dispoñible do estado actual de conservación de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus. Estas, a náiade e a toupa de auga, son especies que necesitan medios fluviais con boa calidade ecolóxica; por iso as medidas previstas van dirixidas a unha recuperación da funcionalidade natural dos ríos da cunca. Favorecendo, desta maneira, a conservación dunha biodiversidade rica en endemismos cos que estas especies comparten o hábitat fluvial e melloranado os servizos que este ecosistema presta á sociedade (pesca fluvial, calidade das augas, ocio, etc…).

Ademais, é a primeira vez que se considera de maneira conxunta a conservación destas dúas especies intervindo na mellora do seu hábitat, e tamén a primeira experiencia de rexeneración das poboacións de Margaritifera margaritífera baixo condicións seminaturais e controladas en España.

O proxecto está cofinanciado polo programa LIFE+, un instrumento financeiro da Unión Europea que desde o ano 1992 promove este tipo de accións. Margal Ulla inscríbese en concreto no ámbito temático LIFE+ Natureza e Biodiversidade, que impulsa aqueles proxectos que contribúen á conservación dos hábitats naturais e das aves silvestres e ao desenvolvemento e execución da Rede Natura 2000.

Anuncios

Acerca de ivanbendr

Si quieres saber quién eres, camina hasta que no haya nadie que sepa tu nombre.

Publicado el 1 junio, 2013 en Novas y etiquetado en , , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: