Actividades de Nadal na Casa das Ciencias

A partir do 26 de decembro os nenos e nenas de entre 6 e 10 anos poderán participar no taller de actividades “Maxia, Péndulos e Ciencia das Sombras”, que pretende achegar a todos os públicos o fascinante mundo das sombras e os péndulos, e a súa importancia na ciencia, na arte e na maxia. O ilusionista Kiko Pastur prepara unha serie de xogos e efectos de maxia baseados nas sombras, nun espectáculo lúdico, didáctico e interactivo.

Celebraranse varias sesións os días 26, 27 e 29 de decembro e o 3 e 4 de xaneiro, para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 189 844. O prezo da actividade é de 1 euro por participante, gratis para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e titulares de Tarxeta 20.

Ademais, o 28 de decembro terá lugar o concerto Sonata do Soño: Aquófono micronecta, con dúas sesións, ás 18.00 e 20.00 horas. Trátase dun concerto no que se exploran as enormes posibilidades do Aquófono, un instrumento artesanal con forma de escultura sonora. O seu funcionamento baséase en regular os impactos dunha serie de goteros médicos sobre unha superficie sensible, desde a cal se envían sinais a diversos instrumentos electrónicos onde se almacenan diferentes sons e escalas musicais.

Simultaneamente, sobre a cúpula do Planetario proxéctanse imaxes de paisaxes cósmicas, submarinas ou imaxinarias, así como detalles do propio Aquófono. O resultado é unha choiva musical hipnótica e relaxante, unha homenaxe aos estados flotantes, á fronteira entre a vixilia e a fantasía, ao momento especial no que cada espectador completa o silencio entre as pingas musicais só coa súa imaxinación.

Prezo de entrada ao concerto é de 4 euros por persoa.

Anuncios

Acerca de ivanbendr

Si quieres saber quién eres, camina hasta que no haya nadie que sepa tu nombre.

Publicado el 20 diciembre, 2012 en Novas y etiquetado en , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: