Explora o Universo

Os Museos Científicos Coruñeses e a Fundación Barrié convocan un curso de formación para profesores de Educación Infantil e Primaria. Cunha duración de 10 horas, as actividades desenvolveranse durante a tarde do venres 18 de xaneiro na Casa das Ciencias, e ao longo do sábado 19 de xaneiro na sede da Fundación Barrié.

As sesións inclúen a realización de obradoiros prácticos, visitas ao planetario e unha observación astronómica en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Io.

Os profesores interesados en participar deben inscribirse enviando un correo electrónico á dirección unawe@casaciencias.org, indicando nome e apelidos, así como o centro escolar ao que pertencen.

A admisión no curso realizarase por orde de recepción dos correos que cheguen a partir do martes 11 de decembro.

O curso está enmarcado na I Xornada de Recursos Experimentais de Ciencia en Educación Infantil e Primaria “Os sábados en EU-UNAWE”.

O proxecto UNAWE – Explora o Universo naceu en 2005 para que os nenos de 4 a 10 anos de calquera país e condición teñan un primeiro contacto co cosmos a través de actividades, adiviñas, xogos, cancións e observacións.

Anuncios

Acerca de ivanbendr

Si quieres saber quién eres, camina hasta que no haya nadie que sepa tu nombre.

Publicado el 11 diciembre, 2012 en Novas y etiquetado en , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: