A que animal extinto queres resucitar? 2ª Parte

A continuación amosámosvos o Top Twelve das especies proclives a ser resucitadas. Temos que ter en conta, como diciamos no post anterior, que a parte da tecnoloxía, da conservación do ADN do animal e dun bo sustito vivo ao que insertar o ADN; precisaremos algo tan sinxelo e á vez tan importante como un hábitat axeitado onde as novas-vellas especies podan vivir. Comeza a conta atrás:

Dentes de Sable: (Smilodon fatalis)

  • Extinción: +- 10.000 años

Aínda que a extracción do ADN desta bestia felina é bastante complicada dada a situación na que se atopan os  animais mellores conservados… se se chega a extraer unha secuencia completa o león africano sería un excelente candidato para converterse nel.

Neanderthal: (Homo neanderthalensis)

  • Extinción: +- 25.000 años

A pesares de non ser un animal propiamente dito, xa que pertence ao xénero Homo, o Neandertal tería un sustituto idóneo para volver á vida; sempre e cando deixemos á marxe o grande dilema moral que isto supón; seríamos nós.

Oso Cavernario: (Arctodus simus)

  • Extinción: +- 11.000 años

Esta mole xigante, que sobrepasa con creces a calquer mamifero terrestre de hoxe en día e que pesaba case unha tonelada, ten en América do Sur ao seu pariente máis cercano. Dous exemplares que parten dunha misma rama evolutiva que foi separada hai 5 millóns de anos.

Thylacine: (Thylacinus cynocephalus)

  • Extinción: 1936

Máis coñecido coma o “tigre de Tasmania” foi extinto por culpa do ser humano. O Demo de Tasmania sería o candidato ideal para que voltase á vida, tras o seu nacemento, o feto tería que ser alimentado nunha bolsa con leite artificial.

Glyptodon: (Doedicurus clavicaudatus)

  • Extinción: +- 11.000 años

Este inmenso armadillo do tamaño dun Volkswagen “Escarabello”, que residía en América do Sur, tería como sustituto calquer tipo de armadillo existente neste momente. Pero habería algún que quixera dar a luz a este xigante?

Rinoceronte lanudo: (Coelodonta antiquitatis)

  • Extinción: +- 10.000 años

O renacemento do rinoceronte lanudo sería moi factible xa que existen unha morea de exemplares conxelados en permafrost que teñen intactos os cornos, os pelos e as pezuñas.

Dodo: (Raphus cucullatus)

  • Extinción: +- 1690

En 2002 conseguiuse “cortar” unha mostra dos mellores restos conservados de Dodo. O  rexistro de ADN extraído non valería para volvelo a vida (aínda que sería cuestión de tempo atopalo) pero o candidato ideal para usarlo, a pomba, está en calquera sitio ao que miremos.

Perezoso Xigante de Terra: (Megatherium americanum)

  • Extinción: +- 8.000 años

Con 6 metros de altura e 4 toneladas de peso este mastodonte tería uns excelentes rexistros de ADN para voltar á vida. Pero, alguén sabe canto mide o seu pariente máis común?? o Perezoso Arborícola??

Moa: (Dinornis robustus)

  •  Extinción: +- 1500

Na actualidade existen moitos restos de Moa ben conservados nas covas de Nova Zelanda que fan posible unha recuperación do ADN. Aínda que están lonxanamente emparentadas coas avestruces, estas serían as candidatas ideais para a súa recuperación. O grande problema sería o hábitat.

Alce Irlandés: (Megaloceros giganteus)

  • Extinción: +- 7.700 años

Con dous metros de altura e ata catro de astas, estes animais terían máis posibilidade de volver á vida nun cervo que un alce. O malo é que, aínda que se lograra conseguir o seu xenoma completo, precisamente esta diferencia fai casi imposible a súa resurreción.

Castor Xigante: (Castoroides ohioensis)

• Extinción: +- 10.000 años

Conseguir o ADN completo deste animal é actualmente imposible, aínda que poderían atoparse restos nun futuro. O chigüire, que ten aproximadamente a metade da súa masa, sería o sustituto máis axeitado para a súa recuperación.

Gorila: (Gorilla gorilla)

  • Extinción: Casi

A primera especie que volva a vida, será probablemente unha que este en perigo de extinción a día de hoxe. Todos sabemos que os gorilas están a puntiño de desaparecer, así que o máis seguro sería que fose o primeiro animal en resucitar grazas ao chimpancé.

Anuncios

Acerca de ivanbendr

Si quieres saber quién eres, camina hasta que no haya nadie que sepa tu nombre.

Publicado el 4 octubre, 2012 en Novas. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: