AQUÍ HAL RESINTONIZANDO A SÚA MEMORIA

Noraboa rapaces e moitas grazas por ser de novo os salvadores do futuro científico do noso país. E non só diso, senón que tamén recuperachedes o meu sistema operativo erradicando o poderoso virus informático que Mr. Hyde insertou no ciberespazo para rematar comigo.
Que personaxe tan curiosa a de Hyde, despois de que Robert Louis Stevenson escribise as súas memorias e se lle dese por morto durante máis de cen anos, volve agora para tentar rematar cos que intentaron darlle caza naqueles días. Porque sí rapaces, o CCI estaba presente naquela época, aínda non tiña ese nome e a sede non estaba na Coruña, senón en Londres, pero xa dende aquela estabamos a traballar para mellorar tódalas ramas da ciencia e axudar aos organismos oficiais a instaurala na sociedade. Grandes cousas fixemos desde que descubrimos os verdadeiros experimentos que o doutor Moreau facía na súa illa, ou cando dimos caza ao primeiro “home invisible”, ambas historias narradas excepcionalmente polo noso axente especial H. G. Wells. Moito medramos como asociación despois de executar a primeira viaxe “Da terra á lúa”, unha misión especial secreta da que so queda o libro do CCI “Jules Verne”.
Despois de tanto tempo e de tantos problemas, o noso clube sigue estando en voga, sigue a vangarda dos acontecementos científicos mundiais e sigue loitando contra a AIE que, a pesares de contratar os servizos do famoso asasino cuxo alcume é Mr. Hyde, sigue sen poder derrotarnos.
E todo isto grazas a vós que facedes do noso Clube o mellor de todos cantos hai, que facedes da ciencia un motivo para vivir.
Moitas grazas CCI´s por seguir mantedovos fortes nestes tempos.
HAL
Anuncios

Publicado el 24 marzo, 2011 en Novas. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: