Kit de supervivencia para el Club de Ciencia e Investigación

Quecemento global. Gases de efecto invernadoiro. Extinción de especies. Estás farto de ver como nos cargamos o único planeta que temos?. Pois aquí temos a solución para todos os teus males. O Kit de supervivencia CCI. Con el axudarás a que haxa menos plástico, axudarás a combatir a tala non selectiva das nosas árbores e axudarás a repoboar a fauna e a flora en perigo de extinción. Como?. Cos seguintes utensilios:

Bolsa ecolóxica CCI
Feita exclusivamente con teas, esta bolsa é o remedio eficaz contra a producción masiva de plástico. Pasa de usar bolsas de plástico para ir a compra, a polo pan, a por agasallos, a levar a roupa ao tinte… e usa esta práctica bolsa para todo o que se che ocorra. Pódese usar incluso de sombreiro. Unha persoa cunha soa bolsa de tea evita que se fabriquen 238 ao ano. Ou o que é o mesmo evitará que podan morrer 238 animais, haberá 238 bolsas menos que contaminen ríos, mares, océanos e 238 nubes de fume, derivadas da súa producción, deixarán de contaminar o noso aire.

Caderno reciclado CCI
O papel ten moitas vidas. Unha folla de papel pódese reciclar entre 3 e 8 veces, pero non só existe a reciclaxe, xa que unha mesma folla de papel a podemos reutilizar para tomar notas, para apuntar datos, para poñela debaixo dunha silla que vai dun lado a outro… e cando xa non sirva para nada máis, é cando a poderemos reciclar. O caderno CCI incorpora no seu haber papel reciclado que reutilizamos dotándoo de contidos que poden interesarvos.

Chapa CCI
Tanto como elemento decorativo, como representativo do noso clube, está esta excelente chapa coa que seredes tratados como o que realmente sodes. Uns verdadeiros científicos.

Estaráste preguntando: E este maravilloso kit, canto custará?. Pois, pode ser teu GRATIS. Só tes que ter entre 9 e 13 anos, sentir paixón pola ciencia e apuntarte ao noso CCI.

Vémonos os xoves e os sábados cada quince días nas biblios de Forum e Infantil e Xuvenil respectivamente.

Biodiversificate¡¡¡¡
Anuncios

Publicado el 26 enero, 2010 en Novas. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: